sexta-feira, 29 de abril de 2016

Visibilizarmo-nos para transformar o mundo.

Da organizaçom dos IV Encontros de Feministas Autônomas decidimos seguir o conselho duma das mulheres que assistirom á ultima juntança em Vigo e divulgar maciçamente as conclussões do trabalho feito durante esse dia, em particular o trabalho da manhã.
Consideramos imprescindível seguir as nossas próprias propostas e visibilizarmo-nos a nós mesmas e o nosso argumentário, polo que encorajamos a todas a divulgar o seguinte documento em todos os médios possíveis. Sentide-vos`à vontade de enviar à prensa, organizações sociais, de entrimento, políticas, desportivas... a amigas e amigos, aquém e além do mar, que cheguem a todos os cantinhos do mundo.
Sõ valorizando-nos e compartilhando a nossa riqueza com o mundo será que o poderemos transformar.

Obrigadas a todas por construirmos juntas!

Organizaçom IV Encontro Feministas Autônomas de Vigo



Caras/caros,

Pregámoslles divulgación do seguinte comunicado en nome do movimento de feministas autónomas da Galiza.
No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar os IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”. Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión,  construcción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público.
Nesta convocatoria realizou-se unha dinámica de participación social chamada “Café Diálogo” no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres, que participamos nela concluímos o seguinte:
1)      A maior violencia machista que sofremos na actualidade é a negación sistemática (por parte do Estado, medios de comunicación, movementos sociais e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura patriarcal que asigna roles de xénero imutables e represores da diversidade de identidades sexuais, culturais e políticas que realmente existe na sociedade. Un sistema que culpabiliza, autolimita, e invisibiliza particularmente ás mulleres, impedíndonos mesmo recoñecer e denunciar con claridade que o malestar que sentimos, sea cal for a súa intensidade, é violencia.
2)      A pesar do traballo feito polo feminismo e as mulleres a nivel individual ao longo da historia e en ámbitos diversos (política, cultura, saúde, activismo, etc), non sentimos, neste momento, que teñamos claras aliadas alén de nós propias e o movemento feminista.
3)      Frente a esta situación precisamos:
a.       Visibilizar de xeito transversal as violencias machistas en toda a sua dimensión, sendo nós quen definamos o que é violencia machista.
b.       Auto-organizármonos en grupos de apoio por afinidade, localidade, etc, para traballar do individual ao colectivo na toma de conciencia, educación autoestima, acción política e coidados.
c.       Tecer redes seguras e autónomas para criar estratexias e ferramentas feministas integrais, tanto na economía e praxe como no pensamento.
d.       Asumir os nosos direitos e exercelos aqui e agora a través da acción directa, autodefensa e toma de espazos de poder.

Realizouse tamén durante este IV Encontro de Feministas Autónomas a Feira de Proxectos de Vida onde se evidenciou a riqueza, forza e enerxía que temos as mulleres para dinamizarnos a nós mesmas e á sociedade. Houbo proxectos de arte, economía, vivenda, xestión, cultura, alimentación, artesanía, radio, publicacións, sexoloxía, roupa, educación e crianzas, accións e identidade sexual, etc. Foi un primeiro paso cara a visibilización do noso potencial transformador e e materialización de iniciativas que nos sitúen nun novo camiño de construcción de vidas feministas.
Para mais información sobre este e pasados encontros poden consultar o noso blogue feministasautonomasgaliza@blogspot.com